A saída desta vez foi dende o campo da Escola de Moucide as 8.00 da mañá, falta fixo madrugar para o que nos esperaba por diante, unha subida de 2,5km con un desnivel de case 500m.
Dende que chegamos o alto a ruta xa foi mais doada, vistas de todo O Valadouro cuberta con unha capa de néboa que co paso de as horas converteuse en un agobiante sol.
Despois de 3 horas de camiño e 10 kms as costas, (aínda quedaba outro tanto) chegamos a Pau da Vella, un lugar vixiado por unha cruz antropomorfa onde conflúen os concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Valadouro.
Contan as lendas que neste lugar, pola noite de San Xoán, xuntábanse dous homes de cada parroquia para o reparto das moscas (….. Contos de O Valadouro 2005)
Despois de unha corta parada para comer e coller forza, iniciámolo retorno, baixando polo Pozo da Onza, que aínda levaba bastante auga, para refrescarnos e así seguir co noso camiño ata Moucide.
Polas 2 da tarde chegamos o final da ruta onde nos esperaba Juan con un abundante e rico “churrasco” (a súa especialidade entre outras).
Logo de xantar, chegou a hora de os postres, doces caseiros, empanada de mazá, rosquillas, lambona e unha enorme sandía, e para rematar café e gotas para mollalo …..
E así foi como despois de moito tempo conseguimos facer a ruta de Pau da Vella
Vémonos en setembro na ruta: PR-AS 132 Bosque de Moal en Cangas de Narcea (Asturias)
Angel Rivas
Powered by Wikiloc